Thursday 19 de September de 2024

Comezan en Lousame as “Leisure activities in english” cun obradoiro de pintado de camisetas


O programa será impartido polas voluntarias europeas Letizia Saccani e Fatma Erdemoglu ata o vindeiro 9 de agosto

Un total de 25 nenas e nenos, de entre os 5 e os 10 anos de idade, participan dende esta semana no programa “Leisure activities in english”, unha iniciativa gratuíta do Concello de Lousame que inclúe unha gran variedade de actividades educativas e de ocio impartidas unicamente en inglés por Letizia Saccani e Fatma Erdemoglu, voluntarias do Corpo Europeo de Solidariedade. Unhas sesións que terán lugar no local social do Sanguiñal (Tállara) ata o vindeiro 9 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

A concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, visitou á rapazada e participou nun obradoiro de pintado de camisetas. O programa inclúe diversas actividades como pintura, karaoke, música, xogos, cine, teatro, conversas… todo en lingua inglesa para que os nenos e nenas sigan practicando o inglés durante o verán.